Os nenos/as xa tiñan ganiñas da rutina da escola outra vez. Estes días sen velos parece que ata medraron un pouquiño!!!. Volvemos con forza renovadas, con ilusión e con ganas de traballar.
Agardaba unha pequena sorpresa. A aula estaba un pouco cambiada e os nenos/as non tiñan o seu sitio na mesa nin aos mesmos compañeiros. Foi divertido ver a súa cariña e a búsqueda da súa nova ubicación e descubrir con quen estaban sentados este trimestre.
Continuando un pouco ca maxia do Nadal, hoxe tocoulles ser magos. Vimos na nosa pizarra o conto que xa coñecíamos de Pequeño azul e pequeño amarelo. Cada neno/a tiña unha bola azul de plastilina e outra bola amarela tamén de plastilina, cas súas maniñas e dediños foron mezclando as cores ata que apareceu a cor verde....QUE CARA DE LEDICIA E SORPRESA!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario