Estes días estamos iniciando o noso libro do outono, o cal aproveitaremos para traballar diferentes técnicas plásticas, a lectoescritura e aprender moitas cousiñas sobre esta estación.
Comezamos polos cogumelos: pintámolos con pincel fino e moita precisión, desciframos xuntos as letras do seu nome para despois practicar as grafías pola parte de atrás, e finalmente estampamos o ceo cun pompón. Quedaron chulísimos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario