Hoxe temos moitas novas!
Ao chegar ó cole comezamos o día manipulando, clasificando e contando os distintos froitos de outono que van chegando á aula. As castañas que trouxo Brais eran enoooooormes!
Despois, para aproveitar este día soleado que nos está regalando o outono, decidimos crear un mural entre todos para decorar a aula ao aire libre. E claro, empregamos as cores do outono, e deixamos voar a nosa creatividade e imaxinación.
Qué delicia ver aos peques expresarse artísticamente dun xeito tan libre !
Ademais, estreamos uns novos botes antigoteo que resultaron fantásticos para facilitar este tipo de actividades :))
Qué precioso quedou o noso mural!!!
Por último, faltaba darme a min unha sorpresa:
A comezos de curso, nos primeiros días, limos un fermoso conto chamado "O soño de Matías" que trouxo o noso compi Matías para compartir con nós. Hoxe, cando rematamos de pintar o noso mural, sentámonos a contemplalo e aplaudilo, e moitos nenos e nenas dixeron "Somos como o rato Matías, que quería ser pintor, e pintaba con pincel e moitas cores!!" :))
BOA FIN DE SEMANA!
Ohhhhh...que fermoso.. a Galdiño encántalle, grazas rapaces :)
ResponderEliminarGracias Galdiño! A nós gústanos máis do ben que o pasamos!!!
ResponderEliminar