miércoles, 24 de enero de 2018

QUEBRACABEZAS

O encargado/a elabora un quebracabezas coa palabra "AUGA". Pouco a pouco imos recoñecendo as letras e construen un aprendizaxe significativo. 

A OUTRA METADEDA CLASE

Xa estrearon todos os nenos/as a mesa de luz. Quedaron abraiados polas cores que pouco a pouco aparecían. Magnífica oportunidade para a organización espacial de elementos, ver como cambia a cor dos elementos dependendo da cor da mesa.....Como dixen anteriormente noutra entrada do blog, un recurso de moito proveito para os nosos nenos e nenas.
 

jueves, 18 de enero de 2018

AS NUBES

 Hoxe a nosa clase encheuse de nubes con números.
 Repartironse as nubes e cada neno/a tiña que poñer tantos tapóns (gotiñas de auga) como número indicaba a nube.














  Formarán parte do noso chan da asamblea.


miércoles, 17 de enero de 2018

SERIACIÓNS

No recanto dos puzles esta semana empezamos coas seriacións de dous elementos, repasamos cores y practicamos a psicomotricidade fina (pinza dixital).


INVERNO


Chega o frío e o cambio de decoración da nosa porta da clase. Abrigadiños cunha bufanda verde e un gorriño negro pasarán estes meses de inverno os vosos fillos/as. Aproveitamos dita actividade para traballar un pouquiño o nome de cada neno/a.

O NOSO NOME

 
Aínda que xa empezamos na asamblea (momento de gran grupo) co nome do encargado/a a partir desta semana cada neno/a ten pegado na mesa o seu nome. A primeira letra está en vermello para traballar a direccionalidade do mesmo. Eles mesmos en actividades espontaneas van mirando e dicindo cales teñen en común cos compañeiros/as de mesa.

A AUGA

 Hoxe apareceu esto na clase.  Qué son? Cantas hai? Unha é diferente. Unha é moi grande e as outras pequeña....Quén o puxe? Estiramos os brazos....pero ninguén da clase lle chega ao teito...a profe Ana tampouco por moito que se estire. Empezamos o proxecto da AUGA. Qué grandes descubrimentos e aventuras nos espera!!!!!!!!

MESA DE LUZ!!!!!!

Vermello, azul, branco, amarelo, rosa........unha morea de cores apareceron hoxe na clase. Coñecimos e decubrimos a mesa de luz. Encantoulles!!!!! Qué divertido xogar con ela e ver como cambia de cor. Manipulamos, experimentamos e ata fixemos un tren, unha casiña e unha torre coas formas transparentes. O vindeiro mércores máis.
 
 

lunes, 15 de enero de 2018

A NOSA PLANTA

A partir do venres pasado os nenos e nenas da nosa clase teñen que coidar unha planta que a profesora Conchita  regaloulles. A planta ten un nome un pouco raro Saintpaulia, é moi pequeña e é de cor morada. Por motivos tecnolóxicos non teño as fotos do venres. Como nos dixo Conchita, soamente haina que regar un día á semana. Estivemos falando o venres de qué día querían regala e tivemos a nosa primeira votación. Moitos quixeron o luns aínda que algún dixo que o sábado era o mellor día......, Hoxe regamola por primeira vez e foi  a encargada a que exerceu ese honor. GRACIÑAS PROFE CONCHITA 
 
 



jueves, 11 de enero de 2018

TANTOS COMO........

 Estreamos un dado máxico que lles ensinará moitas cousas. A actividade de hoxe; cada neno/a tiraba o dado enriba de cada puntiño negro un pompón e contabamos entre todos cantos puxera. Dunha maneira lúdica pouco  a pouco avanzamos nos conceptos.........QUÉ DIVERTIDO FOI VER A CARA DE CADA NENO/A LANZANDO O DADO!!!!!!


Aproveitamos para repasar as cores e tamén os diferentes tamaños dos pompós.

 Qué paciencia e con que tranquilidade o fan.


ALTO-BAIXO-MEDIANO

Hoxe estivemos medindo e comparando para saber quén era o máis alto da clase. Tamén miramos quenes eran os máis baixiños. A complicación foi saber como se chamaba ao neno/a que non era nin o máis alto nin o máis baixo ...........¡¡¡¡mediano!!!!











DESDOBRE


Empezamos unha nova actividade. Todos os mércores a clase será dividida en dous grupos. Un grupo permanecerá na aula e o outro grupo irá coa mestra Pilar. Os nenos/as que permanecen na aula realizarán actividades na pizarra dixital e na mesa de luz. O motivo de facer dous grupos e que ditas actividades fanse individualmente, soamente un neno/a de cada vez pode estar interactuando coa pizarra ou coa mesa de luz, e polas características persoais dos nenos/as destas idades é difícil esperar turno e é máis fácil esperar 8 turnos que 17 turnos. Os grupos loxicamente rotarán cada semana para pasar todos os nenos/as por todas as actividades.
En todo momentos as actividades diseñadas serán lúdicas e reforzarán,ampliarán conceptos traballados e tamén serán motivadoras para novos coñecementos.