miércoles, 19 de diciembre de 2018

DÍAS DE NADAL

Ola familias!
Esta semana andamos todos os días de festexos! e o que nos gustan... :))

Onte tivemos no cole, gracias á ANPA, a súper actuación de PAKOLAS! Canto canto rockeamos!
Encantounos!

E hoxe, visitounos o coro de nenos e nenas do cole Fondo Nois, que viñan dirixidos polo seu súper profe Iván Vale. Quedamos coa boca aberta do ben que o fixeron!

GRAZAS NENAS E NENOS POR POÑER ESFORZO EN VISITARNOS E CANTARNOS! GRAZAS PROFE IVÁN! :)

Mañá esperamos a visita do Apalpador, e o venres é o noso gran día do Festival de Nadal, canto nos tarda!

 









Ademais, os verdes seguimos na aula gozando coa preparación do Nadal. Realizamos traballiños en distintas técnicas plásticas e axudámonos uns a outros, porque en equipo, todo é mellor!








miércoles, 12 de diciembre de 2018

MERCADO SOLIDARIO EN DOMUS VI

Mañá xoves 13 de decembro, celebrarase na residencia para a terceira idade Domus Vi de Viveiro un mercado solidario a favor de Cruz Roja, para o que diversas escolas da zona estivemos traballando duro. Será unha xornada de portas abertas de 11 a 13.30 e de 15.30 a 19.30 horas.

Na clase dos verdes, decidimos elaborar unhas campás de Nadal reciclando vasos de iogur.





Primeiro, forramos todos os vasiños con papel de periódico para que a pintura quedara ben fixada. Foi laborioso pero moi entretido!





Despois, pintamos e botamos purpurina, que tanto nos gusta!!
Quedaron súper chulas as nosas campás. Esperamos poder colaborar moito có noso traballo e animámosvos a visitalo!












martes, 11 de diciembre de 2018

CHEGARON AS POSTAIS!

Hoxe estamos moi ilusionados porque xa chegaron as postais do cole de Madrid.
Recibimos a carta moi ansiosos...tomamos tempo en ver os debuxos que nos enviaron todos os nenos e nenas, e encantounos o trasno con dedicatoria por detrais!

Sen dúbida, está a ser unha experiencia xenial, e seguiremos en contacto con este cole ao longo do curso, a través de cartas, vídeos...  Será estupendo coñecer nenos e nenas novos, e aprender moito deles, da súa cidade, e da súa escola!








lunes, 3 de diciembre de 2018

POSTAIS ENVIADAS!

Hoxe no cole recibimos a visita da carteira, que era avoa dun neno da clase dos azuis, quen nos fará chegar as nosas postais ao seu destino, o colexio San Carlos de Madrid!

As postais quedaron chulísimas, e escribimos en cada sobre o nome de cada destinatario. Os nenos e nenas estaban nerviosos e emocionados! :)))






Unha vez que escribimos a dirección de destino, chegou Marisa a carteira, para recoller os nosos sobres e envialos a Santiago. Explicounos que desde alí, cada sobre será enviado ao correspondente cole.
Nós estamos moi ansiosos e ilusionados por recibir as nosas felicitacións de Nadal!!

MOITAS GRACIAS AVOA MARISA !!!