jueves, 31 de enero de 2019

NÓS PODEMOS CAMBIAR O MUNDO!

Ola, ola!

Hoxe no cole seguimos conversando e reflexionando sobre o importante que é construir entre tod@s un mundo máis xusto e pacífico.
Así, apareceron na asamblea uns debuxos un tanto extraños que nos deron moito que pensar.
É unha pistola? Unha bomba? Un coitelo?
Son armas... pero... para que serven?
Falando entre tod@s dum xeito relaxado, chegamos á conclusión de que as armas sólo son para lastimar, facer dano e poñer triste a moita xente. 
Entón... que pasa se transformamos estas armas feas e dañinas, en cousas fermosas? En cousas que nos fagan sentir felices e tranquilos...?

Aquí algúns dos resultados. Nada máis que engadir. 
O mundo necesita ser visto a través dos ollos d@s nen@s.

“A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo”, Nelson Mandela.






                                                                      













miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ 2019

Ola familias!

Como xa sabedes, hoxe celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Desde o Equipo de Biblioteca, Dinamización da Lingua Galega e Extraescolares, decidimos centrar este día na vida e obra de Wangari Maathai,  política, ecoloxista, e a primera muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004.

Ademais, relacionamos a súa vida adicada á defensa do medio ambiente, coa obra de Rivane Neuenschwander, centrada nas obras artísticas interactivas.

Así, surxiu a idea de crear unha árbore da Paz, na que cada neno e nena do cole colgaría nela dúas pulseiras con mensaxes de paz escritas e decoradas por el@s mesm@s. Unha vez que a árbore quedou repleta de pulseiras, fixemos un intercambio, collendo cada nen@ unha pulseira doutra clase, e deixando a cambio unha folla escrita cunha mensaxe.

Disfrutamos moitísimo da actividade, e lucimos encantad@s as nosas pulseiras molonas.
Ah! E non só os nen@s paticiparon, senón profes, familias...e toda a comunidade educativa! Se aínda non tedes a cosa... a que estades esperando? 

“Cando plantamos árbores, plantamos as sementes da paz e da esperanza”, Wangari Maathai.




















 


                                                      









 

viernes, 25 de enero de 2019

BINGO!

Esta tarde do venres, adicámola a xogar ao bingo de letras!
Foi divertidísimo, e sírvemos para repasar toda as letras xa aprendidas e comezar a traballar co conteo de moedas, porque cada cartón tiña un precio como no bingo de verdade!

 Ademáis aprendemos a seguir regras no xogo, soster a atención e cooperar uns cos outros.  Todo un éxito. Señor dúbida, repetiremos!
Aquí vos deixamos unha mostra, Carlota e Pedro foros os bingueiros. :))













Finalmente, o afortunado en cantar bingo foi Álex, e por suposto, tivemos que comprobar se era correcto!!   :)))


jueves, 24 de enero de 2019

ANIMACIÓN Á LECTURA

Na clase dos verdes a hora do conto é un momento máxico. Imaxinamos outros mundos, favorecemos a atención, o silencio, a escoita activa... 
Traballamos, entre outros aspectos, a educación en valores, a educación emocional e a lectoescritura. Aproveitamos o título do conto para identificar e atopar palabras, descifrar fonemas e despois copiámolo e facemos un debuxo do mesmo.

Esta semana as lecturas estiveron relacionadas có frío e branco inverno con “Os mil brancos dos esquimós”



 



Coñecimos a figura de Wangari Muta Maathai, quen recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004 pola súa labor política e ecoloxista en Kenia, a través de “Wangari y los árboles de La Paz”










E a través de “Un can e un gato”, comprendimos a importancia de respectarnos e querernos tal e como somos.