miércoles, 24 de octubre de 2018

24 de OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR!

Hoxe celebramos no cole o día das bibliotecas escolares coa visita de Galdiño, que viu en busca da nosa axuda para salvar o planeta de tantos residuos plásticos e lixo. 

Está nas nosas mans preservar, coidar e mimar a Natureza, esa que tanto necesitamos!! Así fíxoo saber Galdiño a través dunha carta rimada, presentando así a temática das bibliotecas escolares para este curso escolar 2018-2019 "Poéticas Diversas na Biblioteca Escolar", e deixounos tamén algúns contos cos que poñernos ao día.

Mans á obra!!











jueves, 18 de octubre de 2018

PRIMEIRA VISITA DE TUCHO!

Boas e máxicas noites...

Hoxe vivimos unha xornada intensa e chea de ilusión no cole.

Comezamos a mañá recopilando e clasificando por equipos os distintos froitos de outono (secos e carnosos) e follas por tamaños. 












 Atopámonos tamén cun verme que vivía nunha castaña! Despois de observalo, botámolo ao campo a vivir! :)














Saboreamos e manipulamos tamén algúns froitos descoñecidos como a granada, deliciosa! 
E despois deixamos composta a nosa cesta de outono para poder observala e tocala sempre que queiramos. Quedou moi fermosa!






















Xa no final do día, recibimos a sorpresa máis impresionante:
Estábamos tan tranquilos na clase, cando de repente sentimos petar na ventana e asomou algo...sería Tucho? sería Gato Pelado...? Quedamos impactados e decidimos sair fóra para ver qué pasaba, e atopámonos cunha caixa...




















Ao abrir a caixa descubrimos moitas cousiñas... dous contos, un cascabel, unha flauta... e dúas notas moi importantes: a primeira, unha carta de Tucho!! Limos e escoitamos atentamente as súas palabras.





E tamén había unha nota que Tucho nos deixou para coñecelo moito mellor!
Está claro que queremos a súa compañía, que ben o pasamos con él!
Seguiremos buscando pistas e investigando!!




miércoles, 17 de octubre de 2018

FERMOSO OUTONO!

Ola, ola familias!

Despois duns días moi axetreados nos que estamos a facer unha morea de cousas, amosámosvos como estamos decorando a nosa aula cos elementos do outono.

Esta é unha estación máxica, na que moitos seres aparecen para facernos trasnadas... Esperamos cada día ansiosos noticias de Tucho... pero non se da a ver... este Tucho Tucho canto nos fai rir e canto durme polo día...

Pronto haberá novidades, estade todos moi atentos! Nós, mentres tanto... seguimos felices como perdices, esperando...   :))









martes, 9 de octubre de 2018

HUELLAS MISTERIOSAS

Hoxe tivemos unha tremenda sorpresa ó chegar ao cole...

Unhas huellas moi misteriosas percorrían a nosa clase, e a clase dos nosos compañeiros peques azuis!!!

De quen serán esas huellas? Quen podería entrar no colexio pola noite...? 
A porta que da ao parque estaba aberta...  e este misterio??

Os nenos e nenas quedaron moi sorprendidos e xurdiron todo tipo de preguntas e respostas... "son as huellas do gato pelado", "son dinosaurios", "son huellas dun coello", "parecen dunha bruxa..."

Falamos na asamblea de todas as conclusións, saímos ao parque a investigar e buscar pistas entre todos... e quedamos en seguir investigando no cole e en casa, sendo moi importantes os datos que nos dea o conserxe Antonio :))

COMEZAMOS A AVENTURA FAMILIAS!

Eduquemos na curiosidade, na motivación e no asombro...

Somos un equipo! 

P.D: Encantaríanos que nos deixárades neste blog todas as mensaxes e comentarios que queirades, estades súperinvitados :))


















viernes, 5 de octubre de 2018

O SOÑO DE MATÍAS

Familias!

Hoxe temos moitas novas!

Ao chegar ó cole comezamos o día manipulando, clasificando e contando os distintos froitos de outono que van chegando á aula. As castañas que trouxo Brais eran enoooooormes!







Despois, para aproveitar este día soleado que nos está regalando o outono, decidimos crear un mural entre todos para decorar a aula ao aire libre. E claro, empregamos as cores do outono, e deixamos voar a nosa creatividade e imaxinación. 

Qué delicia ver aos peques expresarse artísticamente dun xeito tan libre ! 
Ademais, estreamos uns novos botes antigoteo que resultaron fantásticos para facilitar este tipo de actividades  :))






Qué precioso quedou o noso mural!!!



Por último, faltaba darme a min unha sorpresa:
A comezos de curso, nos primeiros días, limos un fermoso conto chamado "O soño de Matías" que trouxo o noso compi Matías para compartir con nós. Hoxe, cando rematamos de pintar o noso mural, sentámonos a contemplalo e aplaudilo, e moitos nenos e nenas dixeron "Somos como o rato Matías, que quería ser pintor, e pintaba con pincel e moitas cores!!" :)) 

BOA FIN DE SEMANA!







jueves, 4 de octubre de 2018

COGUMELOS !

Estes días estamos iniciando o noso libro do outono, o cal aproveitaremos para traballar diferentes técnicas plásticas, a lectoescritura e aprender moitas cousiñas sobre esta estación.
Comezamos polos cogumelos: pintámolos con pincel fino e moita precisión, desciframos xuntos as letras do seu nome para despois practicar as grafías pola parte de atrás, e finalmente estampamos o ceo cun pompón. Quedaron chulísimos!

Os nenos e nenas disfrutan á vez que constrúen a súa propia aprendizaxe :)