jueves, 22 de febrero de 2018

O NOSO CORPO

Como sabedes xa levamos un tempiño traballando o esquema corporal. Hoxe foi unha actividade na que cada neno/a elixiu o seu tronco; uns escolleron o cadrado, outros o triángulo e outros o círculo (figuras que estamos traballando) . Tiñan que completalo; cabeza con ollos,nariz, boca orellas e pelo, pernas e brazos e esa parte nova que estamos descubrindo....pescozo. A partir de hoxe forman parte da nosa decoración de aula
 
 
 







miércoles, 21 de febrero de 2018

PAPEL-BOLIS

Plástico e bolis máxicos que nos permiten pintar na mesa de luz e non estropeala. Vimos como os nosos debuxos e os nosos nomes cambiaban de cor. PEQUENOS GRANDES ARTISTAS!!!!


martes, 20 de febrero de 2018

OS NOSOS NOMES

Pouco a pouco empezamos co nome de cada neno/nena. Cada un/unha ten a súa pinza que a ten que atopar entre todas as da clase. Esta actividade é bastante complexa xa que por unha parte cada un/unha ten que facer memoría do seu nome e despois atopar a primeira letra que está en vermello na pinza.  

FLOTAR E AFUNDIR

Día de experimentar con variado material que temos na aula; punzos, ceras, animais, pezas, papel, unha moeda, unhas tapas, celo, tesoiras, unha bola.....O traballo quedou reflexado nunha ficha pero sin dúbida o máis divertido foi deixalos caer na auga.

lunes, 19 de febrero de 2018

UN NÚMERO UN XIGANTE

Subimos un pouco, paramos e baixamos moito. Cada neno/a picou un círculo e o coloreou e entre todos formanos un número 1 xigante.

RECANTO NOVO


Estreamos nova actividade!!!!! Nunha parede da aula atoparase cada semana un trazo novo para realizar primeiro co dedo, despois con rotuladores e finalmente con témpera. Por dita actividade pasarán todos os nenos/as cada semana e o trazo será diferente e variando de dificultade. Empezamos co trazo de arriba-abaixo. 

CATRO CHURROS


Xa temos os nosos cadraditos listos para ensinar. Levounos moito tempo e traballo!!!!Empregamos a cor verde de plastilina. Dunha bola grande fixemos catro boliñas pequeñas e de esas 4 boliñas houbo que amasar e amasar ata que sairon oschurritos. O máis difícil foi colocalos para obter un cuadradito. Traballamos tamén o nome de cada neno/a e por último pegamos pegatinas dentro do cuadrado (organización e ubicación espacial).

DEDOS , PUNTOS E GRAFIÁS

Tivemos unha actividade un pouco complexa. Traballamos os números do 1 ao 3 coa súa grafía, a súa representación con puntiños e a representación coas mans. Seguimos traballando o concepto  TANTOS. Coma sempre foi moi fructífero ver que pouco a pouco van mellorando e entendendo as cosiñas cada vez máis complexas.

 

jueves, 8 de febrero de 2018

SÓLIDO-LÍQUIDO

 
Qué é o que se esoita? Non é auga? Fai moito ruido........é granizo...E iso que é? Salimos ao patio (nin 1 minuto) para saber como era , recollimos un pouquiño nunha bandexa...tocámolo e vimos a súa cor .Pode ser auga?...Síiiiiiii. CONXELADA. Aproveitamos para descubrir un estado da auga; SÓLIDO-CONXELADO. Qué lle pasará dentro da clase coa calor que fai? Pola tarde, despois de comer miramos a bandexa ......qué pasou? As boliñas brancas? converteronse e auga. O xeo de antes coa calor desconxelouse. Aparece outro estado da auga: LÍQUIDO.
 







O TRAZO

 Practicamos o trazo dos números 1 2 e 3 co dedo, o rotulador e con fichas. Asociamos cantidades ao nosos números e moldes.


















 




sábado, 3 de febrero de 2018

ERES......?



 O encargado cos ollos tapados intenta descubrir  que compañeiro/a ten diante. Tocalle o pelo, toca as orellas, e comparamos as alturas. É moi interesante ver como pouco a pouco van perdendo o medo a tocar algo que non ven cos ollos.  



TRIÁNGULOS



Xa empezamos co triángulo. Esta actividade foi moi completa; aprendimos o nome das esquinas do triángulo, coñecimos as letras que componen a palabra triángulo, coñecimos cantos lados tiña e fixemos tantos churriños de plastilina coma lados ten. Eles mesmos foron orientando os lados da plastilina ata ter a forma desexada. Seguimos co nome de cada neno/a, tendo a primeira letra en vermello.
Dita actividade plástica empezouse na asamblea, onde a cada neno/a tapouselle os ollos e tiña que intentar coñecer o figura xeométrica que tiña nas mans. Non toda a información que recibimos do mundo entra polo sentido da vista , hailles que fomentar os demais sentidos nesta actividade foi o tacto o protagonista.



 

jueves, 1 de febrero de 2018

ADIANTANDO

 O noso dado máxico hoxe tiña os números 1, 2 e 3. Cada nen/a lanzaba o dado e tiña que poñer tantas cousas como lle indicase ese número nunha nube que tivese a mesma grafía. Neste exercicio traballaronse moitos conceptos; recoñecemento de grafía, memoría da grafía do dado, conteo de elementos, búsqueda de número, e coordinación óculo-manual para poder lanzar o dado.
  





DÍA DA PAZ

O pasado luns 29 conmemoramos o Día da Paz. Para iso contamos coa actuación da artista Sofía Espiñeira a cal nos sorprendeu cantando varios dos seus temas e, como non podería faltar, a canción que todos sabemos "Non teño medo".
Para recibir a esta artista fixemos unha decoración conxunta con mensaxes en globos. Nestes globos podiamos poñer mensaxes positivos do que significaba a paz, ou expresar aqueles sentimentos aos que non temos que terlles medo. Na nosa aula sairon os medos aos lobos, ás vacas, aos tronos e a chorar 
 
La imagen puede contener: interior
 

1-2-3

Seguimos traballando o contorno, a asociación de cantidades e a grafía.