domingo, 29 de abril de 2018

SEGUIMOS CAS VOGAIS


Traballando o libro "O artista que pintou un cabalo azul" de Eric Carle  aprendemos as vogais, repasamos as cores e coñecemos e descubrimos algúnhas características dos animais. Cantas cousas!!! 

miércoles, 18 de abril de 2018

CREAMOS

Deixamos voar a imaxinación!!!!!!!!! Cunhas pezas translúcidas en forma de triángulos, cadrados, rombos, trapecios....de diferentes cores e tamaños, cada neno deulle unha disposición espacial diferente e totalmente libre. Tivemos cisnes, robots, casas, cortes, avión, coches....unha gran variedade. Cada neno verbalizaba o que estaba facendo. Ata houbo momentos en que se deixaban pezas uns a outros, e compartían a peza para ver o resultado final. GRANDIOSO RAPACES!!!!!!!

martes, 17 de abril de 2018

PLANTACIÓN

Grazas ás aportacións das familias hoxe plantamos porros, fabas, tomates, pipas de cabaza, e flores. Vimos tamén unhas ilustracións e estivemos descubrindo algúns animais que poden vivir na horta; toupo, grilo, bolboretas, gusanos, xoaniñas.....Traballamos un pouquiño o nome de cada semente e fixeron os nenos e nenas un cartel para lembrar o que plantaron.
 
 Terra, pala, regadeira e tres macetas de refugallo e moita ilusión foron os ingredientes precisos para pasar unha mañá como verdadeiros xardineiros e xardineiras. Cada día un pouquiño!!!!
 

sábado, 14 de abril de 2018

AS NOSAS FLORES

Qué divertido!!!!Algún ata levou as orellas e os beizos pintados !!! Aínda queda moito traballo para que todo isto forme parte da decoración da clase e se convertan en flores que animen ao Sol para deixarse ver e nos quente,  nese patio exterior tan maravilloso que ten o noso colexio.
 
 
 
 
 
 

TRABALLANDO AS VOGAIS

Cada día traballamos un pouco o nome do encargado/encargada. Miramos as vogais, contamos cantas hai e ata que número chega o nome no contador de letras que temos na aula, poñemos o dixíto cos dedos da nosa man....E tamén pouco a pouco imos empezando o trazo das vogais, hoxe tocou o E e o A.

SEGUIMOS MESTURANDO


miércoles, 4 de abril de 2018

MESTURAMOS; AZUL E AMARELO

Xa traballaramos as mesturas das cores primarias azul e amarela. Leímos o conto de Pequeño azul e pequeño amarelo. Mesturamos dúas boliñas, unha azul e outra amarela e fixeramos unha pequeña mestura con témpera, tamén con auga tingida.....pois ben , hoxe cada neno e nena na mesa de luz mesturou tempera azul e amarela e comprobou unha vez máis que ocurría........

martes, 3 de abril de 2018

XOANIÑA II

Polo mes de Marzo ,tivemos unha visita moi especial na nosa escola. Uns rapaces do centro de ASPANANES de Celeiro e máis o seu mestre, viñeron para ensinarnos a traballar coa arcilla!!!!  Con moita paciencia elaboraron con cada neno e nena unha xoaniña coa súa casiña. Agora quedaba o traballo de darlle cor a esa arcilla e hoxe estivemos traballando con elas para pódelas levar para a casa. Esperemos que non romperán moito nese papel de burbullas!!!!