miércoles, 9 de mayo de 2018

PLANTAMOS

Gracias ás aportacións das familias estreamos o horto de infantil con diferentes plantas; cebolas, fresas , tomates, fabas, cenoiras...A profe Conchita, coordinadora de Voz Natura, trouxo  gladiolos e anémonas.  Dende aquí agradecer á ANPA por facer o horto e conseguir a terra. GRACIÑAS!!!! Agora témolo que coidar e regar os días que son choiva......algunha pinga de auga caerá sobre os nenos e nenas para que se refresquen........jijijijijijijij. 
















 
 

SILUETAS E FLORES

A semana pasada estivemos aprendendo  na mesa de luz a debuxar paisaxes da estación na que estamos; flores, columpios, sol e algún paxariño quedou reflexado no noso papel máxico .
 
 
 
 
Hoxe tocou traballar a silueta dalgún animal da granxa; cabalo, porco, ovella, coello, galiña con ovo. Pasámolo moi ben vendo como tornaban de cor.