domingo, 30 de septiembre de 2018

CUMPLEANOS SETEMBRO

Ola a tod@s!

Como xa sabedes, este venres celebramos no cole os cumples de Adriana e de Joaquín,e xa que aínda queda un pouquiño de verán con este bo tempo...decidimos facer un obradoiro de xeados de froitas!

Pasámolo de marabilla e estaban riquísimos! Ademais, aprendimos que somos capaces de facer recetas de cociña deliciosas e saudables. Aquí vos amosamos o proceso :)





Entre todos ordenamos a secuencia da nosa tarefa, traballando así tamén a lóxica-matemática e a lectoescritura.








Despois, puxémonos có noso traballo :)












 Qué ricos estaban os nosos xeados, e canto disfrutamos destes cumples!

Aprendemos e divertímonos facendo, porque ahí é onde está a aprendizaxe, na EXPERIENCIA.






miércoles, 26 de septiembre de 2018

EXPLORAMOS

Cada día van chegando á aula cousiñas novas...

Primeiro explicamos o funcionamento dos materiais na asamblea para despois colocalos nos recunchos e manipulalos correctamente. 


 Aparecen elementos decorativos cos que aproveitamos para traballar o esquema corporal e as distintas emocións.





 Estrenamos tamén plantillas para decorar con plastilina e que colocaremos no noso recuncho "Traballamos coas mans"


















As pinzas serán tamén un elemento moi habitual no noso traballo na aula. Empregarémolas para mellorar a coordinación óculo-manual, motricidade fina, concentración ou relaxación mentres reforzamos e aprendemos contidos e destrezas como o conteo numérico, distintas grafías, formas xeométricas ou series.






lunes, 24 de septiembre de 2018

CHEGOU O OUTONO!

Ola!!!

Hoxe celebramos no cole a chegada do outono con este día chuvioso.

Por iso, fixemos unha tormenta de ideas conxunta dalgunhas cousas que acontecen nesta estación, cantamos a canción do outono e pintamos unhas folliñas coas tres cores en que se tornan as árbores.

Despois pintamos o tronco da nosa árbore na que as pegaremos...

Máis adiante vos amosaremos o resultado, aínda queda traballo que facer!  :)















sábado, 22 de septiembre de 2018

BENVIDOS AO NOVO CURSO!

Ola familias!


Estamos de novo no cole, moi ilusionados e disfrutando dos nosos amigos e amigas aos que botamos taaaaaanto de menos!



Estes días, estámolos adicando a volver a coller o ritmo coas rutinas, explorar novos espazos e materiais da aula, e sobre todo... disfrutar do aire libre e do campo!!!



A partir de agora, iremos contándovos por aquí todas a nosas vivencias, de seguro que será un curso cheo de emocións e alegrías!



Comezamos a aventura!!!!








Xogamos á tea de araña, unha dinámica de cohesión grupal e aprendizaxe cooperativo que consiste en facer unha tea de araña cun ovillo de lá entre todos, facendo fincapé en que ningún pode soltar o seu anaquiño de lá, porque todos somos igual de importantes, e si o soltamos, a tea desfaise. 
SOMOS UN EQUIPO!