Hoxe no cole vivimos unha xornada súper especial. A nai e o papá do noso compi Roi, Julia e Iván, viñeron visitarnos para ensinarnos a xogar a xogos de mesa!!!
Esta é unha forma de aprender un montón de contidos e estratexias á vez que nos divertimos, ademais de fomentar a cooperación, a comunicación, concentración e atención, entre tantas outras cousas.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLO VOSO TEMPO, PACIENCIA E ATENCIÓN, Julia e Iván !
Foi un auténtico placer tervos no cole !!
"A primeira tarefa da educación é axitar a vida, pero deixala libre para que se desenvolva" M. Montessori SOMOS A CLASE DE 4 ANOS DO C.E.I.P. PLURILINGÜE SANTA RITA DE GALDO, E DESDE AQUÍ QUEREMOS AMOSARVOS COMO É O NOSO DÍA A DÍA NA AULA E NO COLE.
miércoles, 13 de marzo de 2019
miércoles, 6 de marzo de 2019
DESFILE DE ENTROIDO
Por fin temos as fotos do desfile de entroido!
Que especial foi para nós, canto gozamos e que agradecid@s estamos da vosa axuda!
Que especial foi para nós, canto gozamos e que agradecid@s estamos da vosa axuda!
martes, 26 de febrero de 2019
DÍAS DE ENTROIDO
Algo se está a cocer no cole de Galdo...
Na clase dos verdes estamos a traballar con moita ilusión para poder lucir os nosos traxes o venres polas rúas do noso pobo.
Vai ser un día moooooooi especial para nós!
jueves, 21 de febrero de 2019
OBRADOIROS DE ENTROIDO
Ola familias!!
Aquí vos deixo algunhas das fotiños dos nosos obradoiros de entroido.
Estamos súper contentas co resultado dos mesmos, a vosa ilusión e cooperación danos moita forza para programar futuras cousiñas. Está claro que a unión fai a forza, e neste caso, máis aínda se cabe que noutros aspectos da vida, debemos traballar en equipo pola educación dos nosos nenos e nenas.
E... non pensedes que solo vós traballáchedes... non, non... ollade aos peques qué artistas!
GRACIAS, GRACIAS E GRACIAS!!!
viernes, 15 de febrero de 2019
CUMPLE BRUNO
Hoxe celebramos o cumple de Bruno cunha receita máxica, un biscoito fugaz!
Cada un de nós fixo o seu nun vasiño, e despois metímolo no microondas para que crecera nun minuto, como por arte de maxia! Pasámolo bomba!
Despois gozamos do día xogando e bailando ao solciño.
PARABÉNS BRUNO!!!!!
Cada un de nós fixo o seu nun vasiño, e despois metímolo no microondas para que crecera nun minuto, como por arte de maxia! Pasámolo bomba!
Despois gozamos do día xogando e bailando ao solciño.
PARABÉNS BRUNO!!!!!
jueves, 7 de febrero de 2019
ABN
Comezamos con actividades do método de matemáticas manipulativas ABN, á vez que un gran grupo do claustro nos seguimos a formar no mesmo.
Por agora, estamos disfrutando coa recta numérica e o lanzamento de dado: contamos e saltamos a partir do número que sale, engadimos máis pasos a partir dese e número e vemos a cal chegamos... En fin, estamos construíndo as bases do pensamento matemático a través do xogo e a manipulación.
Seguiremos amosando cousiñas!
viernes, 1 de febrero de 2019
PARABÉNS CANDELA E GEA!
Hoxe, na clase dos verdes, para celebrar o cumple de Candela e Gea, cociñamos con Bolboretas no bandullo !
Decidimos atrevernos cunha das riquísimas receitas deste fermoso libro, e que seguro que non será a última.
Lambetadas de framboesa foi a elixida, e claro, como somos tan lambóns... pois non quedou nin gota para que puidérades probar na casa...
Ñam, ñam... como nos puxemos...
PARABÉNS GEA E CANDELA!!!
jueves, 31 de enero de 2019
NÓS PODEMOS CAMBIAR O MUNDO!
Ola, ola!
Hoxe no cole seguimos conversando e reflexionando sobre o importante que é construir entre tod@s un mundo máis xusto e pacífico.
Así, apareceron na asamblea uns debuxos un tanto extraños que nos deron moito que pensar.
É unha pistola? Unha bomba? Un coitelo?
Son armas... pero... para que serven?
Falando entre tod@s dum xeito relaxado, chegamos á conclusión de que as armas sólo son para lastimar, facer dano e poñer triste a moita xente.
Entón... que pasa se transformamos estas armas feas e dañinas, en cousas fermosas? En cousas que nos fagan sentir felices e tranquilos...?
Aquí algúns dos resultados. Nada máis que engadir.
O mundo necesita ser visto a través dos ollos d@s nen@s.
“A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo”, Nelson Mandela.
“A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo”, Nelson Mandela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)