martes, 27 de noviembre de 2018

INTERCAMBIO DE POSTAIS

Ola familias!

Hoxe no cole tivemos unha nova. Resulta que recibimos un correo electrónico dun cole de Madrid.

O nenos e nenas do colexio Villaverde queren facer un intercambio de postais de Nadal con nós, e tamén coñecernos un poquiño máis.

O primeiro que fixemos foi situar Madrid e Galicia no mapa, para ver o lonxe que estamos.





Despois, sorteamos os nomes dos peques das dúas clases para que cada neno e nena teña un destinatario. Gustáronnos moitos algúns dos seus nomes, como Rawan ou Nusaiba... 


E entón, puxémonos mans á obra... picamos, pintamos con pincel... e todo o que queda! Temos que facer unhas postais ben bonitas para felicitar o Nadal a cada neno e nena. Xa vos iremos amosando os resultados.
Ademais, vai vir ao cole unha carteira a recoller todas as nosas postais para que vaian directiñas ao cole Villaverde. 

Será toda unha experiencia!!!!!












lunes, 19 de noviembre de 2018

MAGOSTO

Ola, Ola!

Con un pouquiño de retraso déixovos algunhas fotos do ben que o pasamos no Magosto.
Foi un día fermoso, no que cal degustamos as castañas que nos asou o señor castañeiro no tren, bailamos todos xuntos ao son da música da asociación "Foles de Viveiro", choutamos, brincamos e cantamos todos ao unísono coplas tradicionais do Magosto. 

Unha delicia de día!














martes, 13 de noviembre de 2018

PRIMEIRA VISITA Á HORTA

Hoxe, aproveitando este solciño, saímos á horta para comezar coas primeiras plantacións. 

A profe Inés, coordinadora do programa Voz Natura, explicounos todos os pasos a seguir. Coa súa axuda iremos creando a nosa horta, vivenciaremos o ciclo de vida de moitas sementes e vexetais, e desfrutaremos probando os productos cultivados por nós. Unha marabilla!

Comezamos polos allos porros!












lunes, 12 de noviembre de 2018

PARABÉNS HUGO!

O venres pasado celebramos o cumple de Hugo Ferreiro cun obradoiro de merenda saudable.
 Elaboramos unha variña máxica con uvas e sandía!! Deliciosas!!
Mirade o ben que o pasamos!






miércoles, 7 de noviembre de 2018

SAMAÍN

Ola familias!

Despois duns días de desconexión debido a pequenos problemiñas técnicos, aquí estamos de novo para amosarvos o ben que o pasamos no Samaín.

Elaboramos cousiñas para decorar a nosa aula e centro, e desfrutamos dunha pócima máxica con todo o cole, eso sí, despois de recitar o noso esconxuro!

Qué ben o pasamos!