miércoles, 21 de marzo de 2018

domingo, 18 de marzo de 2018

CICLO DA AUGA

Estamos rematando o nosos traballiños sobre a auga. Qué contentiños foron co CICLO DA AUGA !!!.

viernes, 16 de marzo de 2018

A NOSA LETRA

Estrenamos xogo na mesa de luz. Letras montables para formar a inicial do noso nome. Apoiándonos visualmente nas tarxetas, os nenos e nenas, van elixindo as pezas que necesitan para dar forma a súa letra. Traballamos a lateralidade o conteo das pezas que empregamos e a súa organización e disposición espacial.

martes, 13 de marzo de 2018

JACINTO

A profesora Conchita, coordinadora do Programa Voz Natura, trouxo un agasallo para os nenos e nenas da clase. Intentamos adiviñar o que podería ser, algún neno decía que era unha cebola, outros unha pelota, outro dixo unha planta pero él mesmo se respondeu que non tiña pelitos para a terra (raíces).Miramosa súa cor e tocaron. Era raro ese piquiño que lle sae verde. Despois dun tempo,dixen que era unha planta que se chama JACINTO e eles contestaron que non; ji,ji,ji,ji....."As plantas son grandes e están na terra". Costoulles aceptar o que era.....xa o verán co paso dos días.
 
Aproveitamos para falar das cousas que necesitan as plantas para vivir,,,,o primeiro que dixeron foi AUGA.....Despois TERRA .....E despois CALOR (SOL).
 
Para sorpresa deles cando o plantamos non foi nun tiesto como a outra planta que temos.....foi nun xarrón de cristal cunha forma moi extraña, e non lle puxemos terra , directamente AUGA. Puxémola na ventana do cuarto de baño para que reciba os poucoas raios do sol destes días. 
 
GRACIÑAS Conhi!!!!!!

 
Pouco a pouco vai medrando. Vemos como lle medran as raíces e como vai abrindo as súas folliñas. É de cor AZUL!!!!!!!!! 

jueves, 8 de marzo de 2018

A NOSA PRIMEIRA ACTUACIÓN EN SOLITARIO

Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite!
Ao longo desta semana homenaxeamos a Rosalía de Castro. Hoxe xoves tocounos a nós, aos máis pequerrechos da escola. Como xa queremos que veña o bon tempo para poder saír ao patio de fóra, escollimos unha estrofa do poema Alborada . A maiores de aprender a estrofa de memoría os nenos e nenas elaboraron  un pequeño adorno para a cabeza; un paxariño, unha mazorca, un sol e unha lúa cunha estreliña. BRAVOOOOOOOOOO!!!!!!!!!!!!!!









miércoles, 7 de marzo de 2018

LARANXAS

Graciñas profe Conchita por lembrarte dos nenos/nenas da clase dos verdes e traernos as laranzas para facer o zume. Laranxitas das árbore do noso patio de primaria. Traballamos o conteo e un concepto novo a "metade".RICOOOOOOOO   

2º EXPERIMENTO

O martes antes de marchar para a casa deixamos tres vasiños transparentes con auga. Os nenos e nenas verteron unhas pingas de colorante azul, amarelo e vermello. Unha cor en cada vaso. Deixámolo tapadiño para descubrir o mércores cando entraramos qué pasara. Por motivos técnicos desta fase do experimento non teño fotos.
O mércores, despois de moitas hipótesis, descubrimos o misterio....a auga que non ten cor agora era azul, amarela e vermella......MISTERIO.
Recordamos o conto xa traballado "Pequeño azul e pequeño amarelo" , Qué lle sucedera a pequeño azul e pequeño amarelo?......QUE MEMORÍA TEÑEN.........Convertiánse en verde.....Pois que mellor maneira quever iso ca auga de cores.




A OUTRA METADA

Volvemos coa nosa mesa de luz. Xa estaban ansiosos por pintar nela a outra metade da clase. QUÉ BEN O PASAN E CANTO APRENDEN! 

martes, 6 de marzo de 2018

BOTELLA DA CALMA

Letras, números, bolboretas, boliñas, purpurina, gomina, auga e ata un zapato un bolso, un vaso e un anel. Todo iso empregamos para facer cada neno e nena a súa botella da calma.
 Encántalles xirala e ver como se move a purpurina e xogan a atopar cousas.

O NÚMERO DOUS


Seguimos empregando a noso cristal para repasar neste caso o número dous.

2ª PARTE DO EXPERIMENTO

Qué pasou? A auga, que xa sabemos que é incolora, agora é verde....As bolas e os cuadradiños que  onte eran pequenos arestora son grandes.....pero o punzón e a peza non cambiaron.....Qué pasaría? MAXÍA.
 
 
 

jueves, 1 de marzo de 2018

1ª PARTE DO EXPERIMENTO

Mergullamos unhas boliñas azuis pequerrechas, uns cadradiños verdes tamén pequenos, un punzón e unha peza. Formulamos hipóteses de qué lles podería pasar; algún dixo que viría un león, outro que desaparecerían outros non sabían... 
Teremos que esperar  ata mañá para descubrir que lle pasará a estos obxectos cando estén mergullados na auga toda a noite e tapadiños.
 
 

XOANIÑA

 
Hoxe tocoulles aos pequeniños da nosa escola compartir unha experiencia moi especial e diferente cunha representación do centro ocupacional de ASPANANES situado en Celeiro . Ensinaronlles a traballar un pouquiño co barro. E coa súa axuda, os nosos nenos e nenas, elaboraron unha xoaniña  con casa incluída. Arestora queda esperar a que seque ben e pintala pouco a pouco. 
 
Graciñas Antonio, Fernando e ao seu profe Marco.
 
 
 
 
Resultado final

Os nenos e nenas de tres aniños non tiveron ningún problema para deixarlles aos maiores de infantil a nosa clase. Descubriron que os maiores tamén están traballando cousiñas sobre a auga e podemos ver as aportacións que fixeron as familias para dito proxecto.


CHÁMOME

 
Estreamos libro cos nomes dos nenos e nenas da clase. Forma parte dun novo recanto,o recanto das letras. Traballamos o conteo das letras, a orde das mesmas , a direccionalidade, a letra de inicio e a do final e por suposto a pinza dixital para poder arrincar cada letra e pegala en cada lugar.