sábado, 16 de diciembre de 2017

AGASALLO

Os nenos e nenas de tres aniños xa teñen preparado o seu detalle para meter no calcetín que eles queiran. Un bico e unha aperta son os agasallos que sen costar nada son os menos valorados.  
 

miércoles, 13 de diciembre de 2017

A MIN

 Continuando coa actividade  do luns hoxe crearon eles, neno/a por neno/a o seu propio conxunto de 1 elemento ou de 2 elementos e o colocaron no sitio correspondente. Apoiados visualmente polas etiquetas dos dedos da man e por una man de goma eva que tamén empregamos. Eles mesmos se organizaron, traballandose tamén a súa autonomía. A diferencia coa actividade plantexada o luns estriba en que hoxe foron eles mesmos os que crearon os conxuntos, cada un o que él quixo.
 




martes, 12 de diciembre de 2017

AS NOSAS ÁRBORES


Estes días os nenos/as  elaboran as súas árbores de Nadal. O que máis lles gusta e experimentar coas cores e pintar libremente cun bastoncillo, ás veces pintan algo máis que a árbore pero......gozan coa actividade que iso é moi moi importante. 
 

CALCETÍN

 
Qué ilusión lles fixo traer un calcetín da casa!!!! É de meu pai! É de miña nai!!
Aproveitamos para traballar a lonxitude dos mesmos comparando e descubrindo cal era máis longo.
 
 
 
Graciñas familias
 
 

AS FORMAS XEOMÉTRICAS


Estreamos outro xogo!!!! Con estes bloques reforzamos as cores primarias e as formas xa traballadas e coñecemos outras novas. Poñemos en práctica o conteo e a localización espacial de certas figuras; arriba-abaixo..... Un xogo con un abánico de posibilidades enorme.

lunes, 11 de diciembre de 2017

A NOSA MENSAXE

Empezamos coas mensaxes que meterán os nenos/as nos calcetíns.A quen lle tocará?
 
 
 

NÚMERO 1 E MURAL DE PLASTILINA

 
Outra vez repasamos co dedo máxico o número 1 facendo que subirá pouquiño e baixara moito. Unha vez feita a actividade cada neno elaborou o seu número 1 coa plastilina da cor do noso mandilón. Encantoulles ver pegados os seus números.
PEQUENOS ARTISTAS!!!!



FACEMOS MAXIA

Traemos moitas forzas de tantos días sen escola!!!. Aproveitamos esa enerxía para traballar un pouquiño máis o número 1 e como por arte de maxia facer que apareza o número 2. Tivemos os apoios visuais ds dedos da man. A actividade divideuse en dous momentos diferentes. Nun primer momento uns nenos/as colocaron unha cousiña en cada prato, soamente unha. Outros nenos/as colocaron outra cousiña donde quixeron pero se tiñan que fixar xa que si xa había dúas cousas nun prato tiñan que buscar outro. Despois tiñan que   clasificar os pratos que tiñan unha cousiña soamente por un lado e por outro os que tiñan dúas cousiñas. 
 
 Outro momento-actividade foi; cada neno/a tiña na man un prato con unha ou dúas cousas e o tiña que clasificar el só no lugar correspondente.


martes, 5 de diciembre de 2017

ÁRBORE


Entramos no mes máxico para os nenos e nenas. Mes cheiño de emocións e recordos para os que non somos tan pequenos xa.
 
Os nenos de 4 anos aproveitando que estivemos traballando o círculo e o cadrado elaboramos unha árbore de círculos e fixemos os agasallos en forma de cadrados. As cores empregadas foron as primarias e algún secundario xa.  A nosa árbore está coronada por unha estrela coas cariñas dos nenos e nenas. Arredor da árbore hai palabras; paz, amor , cariño.... que se estiveron  traballando na aula , vendo pola letra que empezaban, recoñecendo algunha letra e posteriormente levados pola man o trazo das mesmas.
 


TULIPÁNS

 

Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil plantaron tulipáns no xardín da entrada da nosa escola. Toda actividade na nosa etapa educativa é boa para traballar conceptos e esta actividade aproveitamola para seguir traballando o número 2.
Graciñas profe Ana Blanco

 
 
 
 




TRAZO HORIZONTAL


 
Moitas veces o traballo na etapa de Educación Infantil non queda  reflexado nas fichas que os pais/nais verán máis tarde. Un traballo que pouco a pouco vai collendo forma e dará sentido a aprendizaxes superiores e posteriores.
 
Da gusto velos traballar na nosa pizarra dixital da aula. Teñen preparado o seu dediño máxico e a outra man escondida para cando lles toca sair.
 
 
 
 
 
 

miércoles, 29 de noviembre de 2017

RUTINAS III

Tempo de recantos!!!. Cada semana a clase está dividida en 5 grupos que irán rotando polos diferentes recantos durante toda a semana. Para recordar que recanto teñen asignado, no momento da asamblea cada neno e nena coloca a súa foto no recanto de ese día. Son momentos de xogo semi-dirixido xa que sempre teñen alguna tarefa que desempeñar. A importancia dos recantos reside en ser beneficioso para entablar amizada en pequeño grupo, xa que nunca están máis de 4 nenos por grupo, e a máis importante deixar voar a súa imaxinación e o seu xogo simbólico....dous aspectos importantísimos nesta etapa educativa 
 

 
 
 
 
 

PINZA DIXITAL


Da igual o material; papel, plastilina, pegatinas...o importante é que os nenos e as nenas teñan momentos para  practicar a súa pinza dixital, agarre das cousas. Dedos pulgar e índice que hai que fortalecer e traballar moito. En diferentes momentos do día practicamos o agarre das cousas; abrir e pechar mochila para quitar as cousas, quitar e poñer foto, a pinza que colgamos, cando risgando diferentes tipos de papel, coa plastilina, propiamente coas cores, co punzón, cos rotuladores, á hora da merenda , co pincel....  

MOMENTOS DE LECER

Qué decir dos momentos máxicos do recreo!!! Ese sol que nos quenta no mes de novembro, esas folliñas que nos dan moito que carretar, esa area que permite imaxinar un montón de cousas,.....da igual que sexa dentro ou fora, o importante son esas vicencias e sonrisos que marcarán a infancia.Unhas fotos valen máis que mil palabras.
 
 

martes, 21 de noviembre de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 
 O 25 de novembro  de cada ano, conmemorase o Día Internacional contra a violencia de xénero. Este ano, no colexio optouse por ter cada día unha sesión de contacontos. Dita actividade abreuse aos pais e nais que quixeran participar como narradores e actores dos contos.
  Hoxe estrearonse unhas nais co conto de "MAX Y LOS SUPERHÉROES". Graciñas a esas nais que adicaron un tempo para preparalo e vir ata o colexio. Os nenos e nenas estaban encantados. Mañá, cal tocará?????.....
 

 
Hoxe mércores, outras mamás viñeron a contar a historia de "Maruxa", unha historia que enfatiza a importancia de compartir as tarefas domésticas. Despois retrataron a Maruxa e a Pepiño. Graciñas mamás.
 


O venres tocoulle a outra familia. Esta vez o conto trataba dunha familia composta por un pai una nai e un neno. A nai estaba cansada de que non lle axudasen coas tarefas da casa, ela tiña que facer todo e ademáis traballa fora da casa. Un día tanato se consou que fixo a maleta e foise da casa. Co paso dos días o pai e o fillo deronse conta do motivo da marcha da mamá. Cando volveu a nai pedironlle perdón e dende aquel día compartían as tarefas da casa. Graciñas familia.



 

 Este venres tivo lugar a lectura do último conto contra a violencia de xénero.O título "A Historia dos Bonobos con lentes", monos que levaban unha bolsa e unhas lentes e comían plátanos..... Graciñas





 
 
 

TRAZO


Hoxe por primeira vez empezamos coa realización do trazo do número 1. Primeiro realizamolo no noso cristal máxico e tamén no chan onde había un número xigante para repasar co dedo. despois fixemolo con pegatinas de cores con forma de círculo.......Mañá continuaremos co noso número que soamente sube un pouquiño pero baixa moitooooooo.

VOZ NATURA

 
Aproveitando o bo tempo plantamos no patio exterior de infantil catro plantas: unha Azalea e tres Primaveiras . Falamos da importancia das plantas e dos coidados que requiren. Entre todos e todas coidaremos delas.DA GUSTO VER O NOSO PATIO CON PLANTAS!!!!!!
                                                                              


lunes, 20 de noviembre de 2017

PREPARANDO XA O NADAL

 
Hoxe no recanto da plástica os nenos empezaron cos preparativos para a nosa árbore de Nadal. Durante este semana os nenos e nenas pintaran de diferentes cores círculos que cadrados de diferentes tamaños que formarán a nosa árbore. XA NOS TARDA VER O RESULTADO!!!!

sábado, 18 de noviembre de 2017

CRISTAL


 Aínda que na foto non se aprecian moi ben, hoxe realizamos os nosos círculos no cristal da clase cos nosos rotuladores máxicos. Nin que decir ten que lles encantou.

ESQUEMA CORPORAL

 
Na asamblea, momento de gran grupo, o neno/a encargado do día, debuxase a se mesmo, recoñecemento da súa figura. Repasamos e traballamos a través de cancións; as partes do corpo, o que temos na cara, cantos orellas, cantas bocas, nariz, ollos, para que serve cada cousa,...Unha actividade moi rica en posibilidades que nos permite traballar moitos conceptos lóxicos-matemáticos; arriba-abaixo, número, localización espacial....






Mesmo encargado, vinte días entre unha foto e a outra. Pouco a pouco o esquema corporal vai mellorando, temos cara con ollos un a cada lado, boca, nariz, orellas unha a cada lado, pelo, brazos que rematan nunha man, pernas con pés. Aproveitamos este traballo para o cálculo e a distribución espacial.








 

miércoles, 15 de noviembre de 2017

TAPAMOS OLLOS

Qué será o que estou tocando? Xa que estamos traballando o círculo e  cuadrado, intentámolos coñecer empregando só as mans. Xogamos tamén cos tamaños; grande-pequeño e os clasificamos no círculo e cuadrado brancos que temos no chan da asamblea. Unha actividade moi lúdica, na que se traballan moitos conceptos e que lles encantou polo feito de taparlles os ollos. Non cabe dúbida de que repetiremos!!!!
 
 

MOCHILA VIAXEIRA


Galdiño, mascota da biblioteca do colexio, xa nos preparou a mochila viaxeira que o vindeiro martes empezará a viaxar polas casas dos nenos e nenas de tres anos.Na mochila, atopase diverso material para que toda a familia disfrute con ela. Esperemos que vos guste e que pasedes momentiños agradables cos vosos fillos/as.....
 
 

NOCES


Hoxe elaboramos uns froitos ricos que ás veces traemos para a  merenda da escola, ricas noces!!!!.Primeiro pintámolas de marrón claro ou oscuro e despois o máis divertido foi espolvorear canela por enriba. Houbos nenos que se atreveron a probala pero non lles gustou moito!!O seu olor tampouco lles resultou moi agradable.


 

martes, 14 de noviembre de 2017

A NOSA ESCOLA


 
Xa sabemos todos como se chama a nosa escola "SANTA RITA",pero o que nos sabíamos era o seu nome empezaba polo "S" da nosa serpe, e que tiña outra letra que era a do noso encargado de hoxe, "R". Escribimos o nome na pizarra e descubrimos que era moi longo, case non cabía na pizarra!!!!!
 
  

RUTINAS II



Damos un pasiño máis nas rutinas da aula. No momento da asamblea (gran grupo), empezamos a ver e traballar un pouquiño o nome do encargado/a do día. Poñemos a primeira letra en vermello e as demais en negro . Contamos as letras que ten e escribimos os números debaixo de cada letra. Ponse en común si é un nome largo ou curto, se coñecemos algunha letra. Cousiñas que levan moito tempo e que pouco a pouco os nenos e nenas irán adquirindo e dominando.


PAPEIS MÁXICOS

 Hoxe limos un conto que ten por título "Pequeno azul e pequeno amarelo", un conto que fala da amizade e da mestura de dúas cores primarias (azul e amarelo). Empezamos co trazo do círculo na nosa pizarra digital que tanto nos gusta, repasamos cores, tamén traballamos conceptos; grande-pequeños. Con papel de celofán azul e amarelo miramos como as cousas cambiaban de cor.











lunes, 13 de noviembre de 2017

ESTACIÓN


Na asamblea tamén estamos traballando características da estación do Outono; caída das follas, os diferentes froitos(mazás, uvas, piña,cabazas, castañas...), a climatoloxía, o que lle pasa a algúns animais e aves, o sol que xa non ten tanta forza, a lúa que sae antes, cancións, prendas de roupa...Tamén fixemos unha árbore estampando as mans de diferentes cores para as follas  e empregamos os rollitos de papel hixiénico para facer o tronco.
Aínda nos quedan uns cantos froitos por elaborar con diferentes técnicas que estamos a empregar, pero a que máis poñemos en práctica é a do rasgado de papel para afianzar a psicomotricidade fina.
 

 


viernes, 10 de noviembre de 2017

SAMAÍN

Fai uns días celebramos a festa do Samaín. A clase encheuse de vampiros, pantasmas, bruxas, esqueletos e cabaciñas....Tivemos dúas visitas moi especiales, por una parte as bruxas boas da ANPA que nos regalaron un fantasmiña comestible e por outra os nenos e nenas de terceiro de primaria viñeron a cantarnos unha canción en inglés.
 
 A equipa de infantil elaboramos e compartimos entre todos ricas e mostruosas merendas; momias, arañas, ollos monstruosos e galletas de nata con formas de medo e ollos terroríficos. 
 
Os nenos e nenas de tres aniños elaboramos s ollos monstruosos con galletas redondiñas brancas, olivas negras e lápices pasteleiros de diferentes coresAproveitamos para traballar conceptos!!!! 

PASÁMOLO DE MEDOOOOOOOOOOO!!!!!!

 
 
 

CASTAÑITAS ASADAS


O venres celebramos o Magosto na escola. A profe Pilar foi a encargada de deseñar o noso pequeño atuendo composto por unha diadema e o cestiño para meter as castañas asadas. Despois de degustalas tivemos unha sesión de xogos tradicionais; bailar as peonzas, carreira de sacos e buscar a castaña. Pasámolo moi ben!!!!!!!!