martes, 13 de marzo de 2018

JACINTO

A profesora Conchita, coordinadora do Programa Voz Natura, trouxo un agasallo para os nenos e nenas da clase. Intentamos adiviñar o que podería ser, algún neno decía que era unha cebola, outros unha pelota, outro dixo unha planta pero él mesmo se respondeu que non tiña pelitos para a terra (raíces).Miramosa súa cor e tocaron. Era raro ese piquiño que lle sae verde. Despois dun tempo,dixen que era unha planta que se chama JACINTO e eles contestaron que non; ji,ji,ji,ji....."As plantas son grandes e están na terra". Costoulles aceptar o que era.....xa o verán co paso dos días.
 
Aproveitamos para falar das cousas que necesitan as plantas para vivir,,,,o primeiro que dixeron foi AUGA.....Despois TERRA .....E despois CALOR (SOL).
 
Para sorpresa deles cando o plantamos non foi nun tiesto como a outra planta que temos.....foi nun xarrón de cristal cunha forma moi extraña, e non lle puxemos terra , directamente AUGA. Puxémola na ventana do cuarto de baño para que reciba os poucoas raios do sol destes días. 
 
GRACIÑAS Conhi!!!!!!

 
Pouco a pouco vai medrando. Vemos como lle medran as raíces e como vai abrindo as súas folliñas. É de cor AZUL!!!!!!!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario