lunes, 24 de septiembre de 2018

CHEGOU O OUTONO!

Ola!!!

Hoxe celebramos no cole a chegada do outono con este día chuvioso.

Por iso, fixemos unha tormenta de ideas conxunta dalgunhas cousas que acontecen nesta estación, cantamos a canción do outono e pintamos unhas folliñas coas tres cores en que se tornan as árbores.

Despois pintamos o tronco da nosa árbore na que as pegaremos...

Máis adiante vos amosaremos o resultado, aínda queda traballo que facer!  :)















1 comentario: