miércoles, 13 de marzo de 2019

XOGOS DE MESA

Hoxe no cole vivimos unha xornada súper especial. A nai e o papá do noso compi Roi, Julia e Iván, viñeron visitarnos para ensinarnos a xogar a xogos de mesa!!!

Esta é unha forma de aprender un montón de contidos e estratexias á vez que nos divertimos, ademais de fomentar a cooperación, a comunicación, concentración e atención, entre tantas outras cousas.

MOITÍSIMAS GRAZAS POLO VOSO TEMPO, PACIENCIA E ATENCIÓN, Julia e Iván !
Foi un auténtico placer tervos no cole !!


No hay comentarios:

Publicar un comentario