martes, 5 de diciembre de 2017

ÁRBORE


Entramos no mes máxico para os nenos e nenas. Mes cheiño de emocións e recordos para os que non somos tan pequenos xa.
 
Os nenos de 4 anos aproveitando que estivemos traballando o círculo e o cadrado elaboramos unha árbore de círculos e fixemos os agasallos en forma de cadrados. As cores empregadas foron as primarias e algún secundario xa.  A nosa árbore está coronada por unha estrela coas cariñas dos nenos e nenas. Arredor da árbore hai palabras; paz, amor , cariño.... que se estiveron  traballando na aula , vendo pola letra que empezaban, recoñecendo algunha letra e posteriormente levados pola man o trazo das mesmas.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario