lunes, 11 de diciembre de 2017

FACEMOS MAXIA

Traemos moitas forzas de tantos días sen escola!!!. Aproveitamos esa enerxía para traballar un pouquiño máis o número 1 e como por arte de maxia facer que apareza o número 2. Tivemos os apoios visuais ds dedos da man. A actividade divideuse en dous momentos diferentes. Nun primer momento uns nenos/as colocaron unha cousiña en cada prato, soamente unha. Outros nenos/as colocaron outra cousiña donde quixeron pero se tiñan que fixar xa que si xa había dúas cousas nun prato tiñan que buscar outro. Despois tiñan que   clasificar os pratos que tiñan unha cousiña soamente por un lado e por outro os que tiñan dúas cousiñas. 
 
 Outro momento-actividade foi; cada neno/a tiña na man un prato con unha ou dúas cousas e o tiña que clasificar el só no lugar correspondente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario