martes, 3 de abril de 2018

XOANIÑA II

Polo mes de Marzo ,tivemos unha visita moi especial na nosa escola. Uns rapaces do centro de ASPANANES de Celeiro e máis o seu mestre, viñeron para ensinarnos a traballar coa arcilla!!!!  Con moita paciencia elaboraron con cada neno e nena unha xoaniña coa súa casiña. Agora quedaba o traballo de darlle cor a esa arcilla e hoxe estivemos traballando con elas para pódelas levar para a casa. Esperemos que non romperán moito nese papel de burbullas!!!!

2 comentarios: