martes, 17 de abril de 2018

PLANTACIÓN

Grazas ás aportacións das familias hoxe plantamos porros, fabas, tomates, pipas de cabaza, e flores. Vimos tamén unhas ilustracións e estivemos descubrindo algúns animais que poden vivir na horta; toupo, grilo, bolboretas, gusanos, xoaniñas.....Traballamos un pouquiño o nome de cada semente e fixeron os nenos e nenas un cartel para lembrar o que plantaron.
 
 Terra, pala, regadeira e tres macetas de refugallo e moita ilusión foron os ingredientes precisos para pasar unha mañá como verdadeiros xardineiros e xardineiras. Cada día un pouquiño!!!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario