jueves, 31 de enero de 2019

NÓS PODEMOS CAMBIAR O MUNDO!

Ola, ola!

Hoxe no cole seguimos conversando e reflexionando sobre o importante que é construir entre tod@s un mundo máis xusto e pacífico.
Así, apareceron na asamblea uns debuxos un tanto extraños que nos deron moito que pensar.
É unha pistola? Unha bomba? Un coitelo?
Son armas... pero... para que serven?
Falando entre tod@s dum xeito relaxado, chegamos á conclusión de que as armas sólo son para lastimar, facer dano e poñer triste a moita xente. 
Entón... que pasa se transformamos estas armas feas e dañinas, en cousas fermosas? En cousas que nos fagan sentir felices e tranquilos...?

Aquí algúns dos resultados. Nada máis que engadir. 
O mundo necesita ser visto a través dos ollos d@s nen@s.

“A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo”, Nelson Mandela.






                                                                      













No hay comentarios:

Publicar un comentario