miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ 2019

Ola familias!

Como xa sabedes, hoxe celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Desde o Equipo de Biblioteca, Dinamización da Lingua Galega e Extraescolares, decidimos centrar este día na vida e obra de Wangari Maathai,  política, ecoloxista, e a primera muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz en 2004.

Ademais, relacionamos a súa vida adicada á defensa do medio ambiente, coa obra de Rivane Neuenschwander, centrada nas obras artísticas interactivas.

Así, surxiu a idea de crear unha árbore da Paz, na que cada neno e nena do cole colgaría nela dúas pulseiras con mensaxes de paz escritas e decoradas por el@s mesm@s. Unha vez que a árbore quedou repleta de pulseiras, fixemos un intercambio, collendo cada nen@ unha pulseira doutra clase, e deixando a cambio unha folla escrita cunha mensaxe.

Disfrutamos moitísimo da actividade, e lucimos encantad@s as nosas pulseiras molonas.
Ah! E non só os nen@s paticiparon, senón profes, familias...e toda a comunidade educativa! Se aínda non tedes a cosa... a que estades esperando? 

“Cando plantamos árbores, plantamos as sementes da paz e da esperanza”, Wangari Maathai.




















 


                                                      









 

No hay comentarios:

Publicar un comentario