miércoles, 29 de noviembre de 2017

PINZA DIXITAL


Da igual o material; papel, plastilina, pegatinas...o importante é que os nenos e as nenas teñan momentos para  practicar a súa pinza dixital, agarre das cousas. Dedos pulgar e índice que hai que fortalecer e traballar moito. En diferentes momentos do día practicamos o agarre das cousas; abrir e pechar mochila para quitar as cousas, quitar e poñer foto, a pinza que colgamos, cando risgando diferentes tipos de papel, coa plastilina, propiamente coas cores, co punzón, cos rotuladores, á hora da merenda , co pincel....  

No hay comentarios:

Publicar un comentario