martes, 21 de noviembre de 2017

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 
 O 25 de novembro  de cada ano, conmemorase o Día Internacional contra a violencia de xénero. Este ano, no colexio optouse por ter cada día unha sesión de contacontos. Dita actividade abreuse aos pais e nais que quixeran participar como narradores e actores dos contos.
  Hoxe estrearonse unhas nais co conto de "MAX Y LOS SUPERHÉROES". Graciñas a esas nais que adicaron un tempo para preparalo e vir ata o colexio. Os nenos e nenas estaban encantados. Mañá, cal tocará?????.....
 

 
Hoxe mércores, outras mamás viñeron a contar a historia de "Maruxa", unha historia que enfatiza a importancia de compartir as tarefas domésticas. Despois retrataron a Maruxa e a Pepiño. Graciñas mamás.
 


O venres tocoulle a outra familia. Esta vez o conto trataba dunha familia composta por un pai una nai e un neno. A nai estaba cansada de que non lle axudasen coas tarefas da casa, ela tiña que facer todo e ademáis traballa fora da casa. Un día tanato se consou que fixo a maleta e foise da casa. Co paso dos días o pai e o fillo deronse conta do motivo da marcha da mamá. Cando volveu a nai pedironlle perdón e dende aquel día compartían as tarefas da casa. Graciñas familia.



 

 Este venres tivo lugar a lectura do último conto contra a violencia de xénero.O título "A Historia dos Bonobos con lentes", monos que levaban unha bolsa e unhas lentes e comían plátanos..... Graciñas





 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario