martes, 7 de noviembre de 2017

RUTINAS

Empezamos pouco a pouco introducindo as rutinas e os diferentes momentos que marcan a nosa xornada escolar. Rutinas que lles aporta aos nenos/as seguridade, confianza e tranquilidade por saber o que vai pasar pero tamén permitindo a flexibilidade da improvisación e da sorpresa.

  Cada día na aula temos un neno/a que é o encargado. Para asignalo seguimos a colocación dos percheiros. Como distintivo o neno/a levará a nosa estrela de encargad/a que é máxica xa que si sae da aula desaparece. Este neno/a será o maquinista do noso tren nos diferentes desplazamentos. Traballamos a imaxe dicindo si é neno ou nena e coloca a imaxe correspondente.

Dito neno/a , coa axuda de todos , vai sendo o protagonista da nosa asamblea (primer momento da xornada en gran grupo ) na que pouco a pouco  vanse introducindo cousas novas y diferentes.

Con diferentes cancións damos os bos días aos compañeiros e ás profes que se atopan na aula nese intre. Tamén estamos aprendendo a decilo en linguaxe de signos.

É a hora de saber cantos estamos na aula e cantos compañeiros quedaron na casa.  Os nenos/as están distribuidos en catro mesas cunha forma xeométrica cada unha; mesa do círculo amarelo, mesa do cuadrado azul, mesa do triángulo vermello e mesa do rectángulo verde. Empezando pola mesa  do encargado/a van quitando a súa  foto dunha casiña (pegadas na porta da aula) e pegandoa na súa cadeira.Unha vez que pasan as catro mesas   o encargado/a mira si quedou algunha foto nas casiñas, si é así decimos o nome e a mesa na que se senta e poñemos a súa foto nunha casiña especial.

Para ir introducindo os días da semana  partimos dun conto; "A galiña Carla",  onde aproveitamos para traballar un montón de cousas; as cores dos ovos, a orde e o conteo, a memoría....  Formamos a nosa axenda diaria que nos permitirá establecer os diferentes momentos da xornada, para iso contamos cunha serie de imáxenes (pictogramas) que pouco a pouco vanse coñecendo e introducindo. Tamén estamos aprendendo unha canción para traballar a secuenciación da semana.

Entre todos decimos unha pequena poesía sobre o tempo atmosférico, sendo o encargado/a o que mira pola fiestra e pon a imaxen correspondente.
 
No noso calendario vamos poñendo o número do día que é e tamén o mes no que estamos. Para os meses tamén temos cancións tanto en castelán como en galego.




 


                                                  
























 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario