Seguimos cas matemáticas, esta vez tocounos traballar o número 1.
Antes de empezar a trazalo no papel é importante que os nenos/as tomen conciencia manipulativamente do concepto, xa que o simple trazado no papel non deixa de ser un acto mecánico e moitas veces sen sentido. Cada neno/a foi poñendo un obxecto nun plato blanco. Para ter a referencia da cantidade tiñamos unha tarxeta cun puntiño negro.

Hoxe, coa referencia do noso número 1 grande azul do chan cada nenos e nena puxo nun pratos unha cousiña, diciendo o que collera e a súa cor. Despois fumos detectives e a cousa complicouse un pouquiño, había que atopar os platos donde soamente había unha cousiña. Seguiremos practicando!!!!





No hay comentarios:
Publicar un comentario