jueves, 18 de octubre de 2018

PRIMEIRA VISITA DE TUCHO!

Boas e máxicas noites...

Hoxe vivimos unha xornada intensa e chea de ilusión no cole.

Comezamos a mañá recopilando e clasificando por equipos os distintos froitos de outono (secos e carnosos) e follas por tamaños. 












 Atopámonos tamén cun verme que vivía nunha castaña! Despois de observalo, botámolo ao campo a vivir! :)














Saboreamos e manipulamos tamén algúns froitos descoñecidos como a granada, deliciosa! 
E despois deixamos composta a nosa cesta de outono para poder observala e tocala sempre que queiramos. Quedou moi fermosa!






















Xa no final do día, recibimos a sorpresa máis impresionante:
Estábamos tan tranquilos na clase, cando de repente sentimos petar na ventana e asomou algo...sería Tucho? sería Gato Pelado...? Quedamos impactados e decidimos sair fóra para ver qué pasaba, e atopámonos cunha caixa...




















Ao abrir a caixa descubrimos moitas cousiñas... dous contos, un cascabel, unha flauta... e dúas notas moi importantes: a primeira, unha carta de Tucho!! Limos e escoitamos atentamente as súas palabras.





E tamén había unha nota que Tucho nos deixou para coñecelo moito mellor!
Está claro que queremos a súa compañía, que ben o pasamos con él!
Seguiremos buscando pistas e investigando!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario