jueves, 4 de octubre de 2018

COGUMELOS !

Estes días estamos iniciando o noso libro do outono, o cal aproveitaremos para traballar diferentes técnicas plásticas, a lectoescritura e aprender moitas cousiñas sobre esta estación.
Comezamos polos cogumelos: pintámolos con pincel fino e moita precisión, desciframos xuntos as letras do seu nome para despois practicar as grafías pola parte de atrás, e finalmente estampamos o ceo cun pompón. Quedaron chulísimos!

Os nenos e nenas disfrutan á vez que constrúen a súa propia aprendizaxe :)



















No hay comentarios:

Publicar un comentario