viernes, 5 de octubre de 2018

O SOÑO DE MATÍAS

Familias!

Hoxe temos moitas novas!

Ao chegar ó cole comezamos o día manipulando, clasificando e contando os distintos froitos de outono que van chegando á aula. As castañas que trouxo Brais eran enoooooormes!







Despois, para aproveitar este día soleado que nos está regalando o outono, decidimos crear un mural entre todos para decorar a aula ao aire libre. E claro, empregamos as cores do outono, e deixamos voar a nosa creatividade e imaxinación. 

Qué delicia ver aos peques expresarse artísticamente dun xeito tan libre ! 
Ademais, estreamos uns novos botes antigoteo que resultaron fantásticos para facilitar este tipo de actividades  :))






Qué precioso quedou o noso mural!!!



Por último, faltaba darme a min unha sorpresa:
A comezos de curso, nos primeiros días, limos un fermoso conto chamado "O soño de Matías" que trouxo o noso compi Matías para compartir con nós. Hoxe, cando rematamos de pintar o noso mural, sentámonos a contemplalo e aplaudilo, e moitos nenos e nenas dixeron "Somos como o rato Matías, que quería ser pintor, e pintaba con pincel e moitas cores!!" :)) 

BOA FIN DE SEMANA!







2 comentarios:

  1. Ohhhhh...que fermoso.. a Galdiño encántalle, grazas rapaces :)

    ResponderEliminar
  2. Gracias Galdiño! A nós gústanos máis do ben que o pasamos!!!

    ResponderEliminar