miércoles, 17 de octubre de 2018

FERMOSO OUTONO!

Ola, ola familias!

Despois duns días moi axetreados nos que estamos a facer unha morea de cousas, amosámosvos como estamos decorando a nosa aula cos elementos do outono.

Esta é unha estación máxica, na que moitos seres aparecen para facernos trasnadas... Esperamos cada día ansiosos noticias de Tucho... pero non se da a ver... este Tucho Tucho canto nos fai rir e canto durme polo día...

Pronto haberá novidades, estade todos moi atentos! Nós, mentres tanto... seguimos felices como perdices, esperando...   :))









No hay comentarios:

Publicar un comentario