martes, 9 de octubre de 2018

HUELLAS MISTERIOSAS

Hoxe tivemos unha tremenda sorpresa ó chegar ao cole...

Unhas huellas moi misteriosas percorrían a nosa clase, e a clase dos nosos compañeiros peques azuis!!!

De quen serán esas huellas? Quen podería entrar no colexio pola noite...? 
A porta que da ao parque estaba aberta...  e este misterio??

Os nenos e nenas quedaron moi sorprendidos e xurdiron todo tipo de preguntas e respostas... "son as huellas do gato pelado", "son dinosaurios", "son huellas dun coello", "parecen dunha bruxa..."

Falamos na asamblea de todas as conclusións, saímos ao parque a investigar e buscar pistas entre todos... e quedamos en seguir investigando no cole e en casa, sendo moi importantes os datos que nos dea o conserxe Antonio :))

COMEZAMOS A AVENTURA FAMILIAS!

Eduquemos na curiosidade, na motivación e no asombro...

Somos un equipo! 

P.D: Encantaríanos que nos deixárades neste blog todas as mensaxes e comentarios que queirades, estades súperinvitados :))


















1 comentario:

  1. Jaja Alex estuvo pensando todo el día donde podían haberse escondido los duendes,según él en el arenero enterrados o en el tronco de un árbol.Luego eran de brujas,hadas y al final unas pegatinas q puso alguien jaja.

    ResponderEliminar